Forza, que xa falta pouco
Só faltan dous días… Ánimo, seguro que sacamos uns resultados fantásticos. Déixovos a entrevista con Adela no Atlántico.
Primeira aparición nos medios
Primera (das moitas) entrevistas. Anxo Rodríguez no Faro de Vigo do venres 29 de maio.
Xa estamos en campaña!
Hoxe hai unha semana que empezou a campaña electoral.Todas as facultades están empapeladas cos nosos cartazes, que podedes ver no apartado imaxes. Tamén podedes consultar o noso programa:
Eleccións: información adicional
Aquí tedes as instrucións para votar por correo: Voto_Correo
E aquí podedes atopar nformación detallada sobre a localización das mesas e horarios: Mesas_e_horarios
Eleccións sindicais PDI Funcionario e Laboral 2015
O 10 de xuño os PDIs estamos chamados a votar os nosos representantes sindicais.
Aquí podedes atopar:
- A nosa lista sindical Lista_Pontevedra_2015
- O calendario electoral Calendario_·2015
- A distribución das mesas Mesas_10-06
Comenzamos a nosa andaina
Varios membros do PDI da comunidade universitaria vimos manifestando desde hai tempo publicamente e nos órganos de representación a inquedanza de crear unha estrutura sindical autónoma, asemblearia e solidaria, que se afaste dos modelos sindicais tradicionais xerárquicos, opacos e puramente burocratizados. A universidade de Vigo está paseniño despertando cara a novos modelos máis democráticos de funcionamento e nós fixemos parte dese proceso.
Cremos que coa participación da comunidade universitaria podemos cambiar o modelo de xestión e organización do traballo do PDI desta universidade, que nos últimos anos tense deteriorado, na nosa opinión, polo escaso compromiso dos sindicatos tradicionais e maioritarios na defensa dos dereitos laborais do PDI.
Por iso decidimos formar a sección do sindicato STEG que represente os PDI laborais da Universidade de Vigo pola provincia de Pontevedra (Campus de Vigo e Pontevedra). Este sindicato aínda non contaba con unha sección na Universidade de Vigo, deixando orfa unha parte da comunidade, que adoita ser unha das máis maltratadas.
Agradeciamos que se vos sentides interesadas/os en participar neste proxecto de organización laboral asembleario, galego, plural, progresista e non sexista, vos poñades en contacto con nós.
Como reza o ideario do STEG, defendemos o ensino público contra os/as que nos impoñen as regras